Boas novas! Xa están aquí os horarios de clases de danza e adestramento para o vindeiro curso 25/26, que dá comezo o día 1 de setembro, luns.
A continuación deixámosche o horario dixital, que podes coller tamén en papel na escola. Pero OLLO AO PIOLLO: este horario é un documento vivo, que adoita ir modificándose ao longo do curso con novidades e cambios, así que pregunta sempre en recepción, porque a cada pouco van saíndo novas versións do horario de cada curso.
Vémonos en setembro para seguir bailando e adestrando!!! 🙂
