A continuación deixamos os horarios de actividades deportivas para os meses de xullo e agosto de 2025, para seguir adestrando no verán. É importante continuar facendo exercicio aínda que se baixe algo o ritmo, xa que se o deixamos por completo, en setembro vainos custar máis retomar a forma traballada ao longo de todo o curso. O que avisa non é traidor… 😉
Tamén colgamos clases novas na tenda, para que as poidades ver online e/ou descargar e facer na casa ou no voso lugar de vacacións. Atópaas aquí: https://temposemenssana.com/tenda/
BO VERÁN, DEPORTISTAS! 🌞

