Velaquí van os horarios de clases de danza e adestramento para o vindeiro curso 26/27, que dará comezo o 1 de setembro, martes.
Deixámosche o horario dixital, que podes conseguir tamén en papel na escola. Pero OLLO! Este horario é un documento vivo, que adoita ir modificándose ao longo do curso con novidades e cambios, así que pregunta sempre en recepción, porque a cada pouco van saíndo novas versións do horario de cada curso.
Vémonos en setembro para seguir bailando e adestrando!!! 🙂
