
Por fin cambiamos de ano. Atrás queda o 2020, un ano moi difícil para todos. Mais o 2021 tamén estará cheo de retos, iso seguro.
Está na man de cada quen vivilo cunha ilusión renovada. E que mellor que facer cousas que nos gustan e nos manteñen activos.
É nestes primeiros momentos do ano cando nos fixamos novos obxectivos e propósitos e, se ben non hai que obsesionarse, sempre é beneficioso centrarse nun aspecto que queiramos mellorar das nosa vidas.
Xa sexa que te queiras poñer en forma para baixar os excesos do Nadal ou simplemente porque che gusta seguir un estilo de vida saudable, en Tempos e Menssana temos opcións para ti. E se o que che apetece é divertirte e desconectar, interactuar con xente coa que compartir intereses, e exercitarte ao tempo que escoitas boa música, tamén temos o que estás a buscar.
Clases de baile
Podes escoller o estilo que prefiras, ou máis dun (e terás desconto seguro).
- Ritmos latinos: onde se ensina salsa, bachata, kizomba, merengue, chachachá… Tamén podes profundar nun estilo concreto, como pode ser a bachata sensual, a kizomba, o zouk…
- Baile moderno: para nenos e adolescentes, combinado con bailes de salón ou de maneira independente.
- Ballet: dentro destas clases temos pre-ballet para peques de 3 a 5 aniños, e logo imos aumentando a idade ata chegar a ballet para adultos.
- Danza oriental: un baile con numerosos beneficios para o corpo da muller, que che fai sentir coma unha auténtica raíña.
- West coast swing: un baile que procede dos Estados Unidos e que se pode bailar cunha gran multitude de cancións, incluídas as que escoitas na radio.
- Baile flamenco: sevillanas, sevillanas flamencas, tanguillos, bulerías… Todo isto e máis nunhas clases cheas de carácter e elegancia.
- Baile de competición: clases particulares para competir e ser os amos da pista.
Deporte
Para todos os gustos, temos disciplinas do máis variado.
- Fitness dance: exercita o corpo ao ritmo da música máis actual e bailable.
- Ioga: con dúas opcións de diferentes intensidades. Hatha ioga e Viniasa ioga. Tamén ioga para nenos.
- Hipopresivos: exercicios nos que controlar a respiración é vital para mellorar os abdominais e outras zonas internas do corpo.
- Pilates: un método de demostrada eficacia para o tratamento de lesións e con numerosos beneficios para embarazadas e persoas de toda condición.
- Ximnasia: tanto para nenos coma para maiores que queiran facer estiramentos e manterse áxiles.
- Circuíto e box: tamén dispoñible en varias intensidades para axustalo a cada quen. Queima calorías e libera endorfinas!
- Adestramento personalizado: cun adestrador para ti só, para que aproveites o tempo de entreno ao máximo e logres os teus obxectivos.
Esperámoste, con todas as medidas de seguridade para que o teu 2021 sexa un bo ano ou, polo menos, mellor que o anterior. Feliz Aninovo!
🙂 🙂 🙂
