Abertas as inscricións ao campamento de verán para nenos e nenas entre 3 e 14 anos!

Faremos actividades no interior da escola e tamén haberá saídas pola cidade. Algunhas xa están confirmadas, coma a visita ao Museo da Maxia, ao Parlamento de Galicia ou á Porta Santa neste ano Xacobeo.

Deixámosche o horario aquí debaixo para que poidas ver en qué invertiremos o tempo para que os cativos e cativas pasen un verán divertido, no que compartir aprendendo e visitando lugares interesantes; sempre coas medidas de seguridade anti covid que xa son parte do día a día.

Apunta aos teus peques falando connosco na escola, por teléfono ou dende as redes sociais. E para calquera dúbida, estamos á vosa disposición.

Horarios campamento de verán 2021