Gaña unha cesta valorada en máis de 1000 € co noso sorteo de 20 aniversario!!! 🎉🎉

BASES DO SORTEO:

◾ O sorteo vaise celebrar o 22 de decembro pola tarde. Emitiremos un vídeo en directo por Instagram, no que unha man inocente sacará o número premiado.

◾ Na escola colgaremos un cartel co número gañador do sorteo.

◾ A persoa agraciada deberá contactar connosco antes do 3 de xaneiro para facerlle entrega da cesta.

◾ Os premios son transferibles; é dicir, pódeslle regalar algo da cesta a outra/s persoa/s sen necesidade de avisarnos. (Se das un vale de clases a outra persoa, terá que traelo á escola para poder facer uso do mesmo).

◾ Os premios poderán ser canxeados de xaneiro a xuño de 2023 (ambos inclusive).

◾ Tempos e Menssana S.L. resérvase o dereito de cancelar e modificar as condicións e datas do sorteo, previa notificación aos participantes do mesmo a través dos muros de Instagram e Facebook da escola.

Podes ver os premios no escaparate da escola. Non quedes sen a túa rifa! 🍀