Dende que chegou á escola a nosa nova compañeira Marta, o ioga cobrou aínda máis protagonismo na nosa oferta de clases . Así, xunto coas clases de María, á que moitos/as xa coñeciades, tedes unha morea de opcións de horarios entre as que escoller.
Unha novidade é o ioga prenatal. Queres saber máis? Pois sigue lendo!
O ioga durante o embarazo ten unha morea de beneficios como:
◾ A mellora do sono.
◾ Redución da ansiedade e o estrés.
◾ Diminución das molestias lumbares e outras dores asociadas ao embarazo.
◾ Aumento na forza e na flexibilidade.
◾ Fortalecemento do vínculo co bebé.
Coñeces a algunha futura mamá? Compártelle esta publicación para que se anime a probar a actividade sen compromiso. 😊
A continuación deixamos os horarios de ioga para que poidades cadrar coas vosas axendas. Vémonos adestrando pola escola!
