Estamos moi contentos de ser punto de recollida na campaña de Nadal, en colaboración coa asociación de doazóns Jamylu. 🎄

Podedes traer xoguetes e alimentos non perecedoiros do 22 de outubro ata o 19 de decembro. 🎁

Pedímosvos que colaboredes se podedes e que non deades o que non queirades para vós ou para os vosos pequenos.
Só xoguetes que estean novos e merezan ser a ilusión de nenos e nenas con poucos recursos nestas festas. 🧸

Fagamos deste Nadal unha época algo máis bonita para quen máis o precisa.

Graciñas! ❤️