Clases de ballet barra e chan en Santiago de Compostela.

Engadimos unha nova actividade á nosa oferta de clases deportivas e de danza para o vindeiro curso: BALLET BARRA E CHAN!
É unha actividade de dúas horas á semana pensada para adultos que queiran tonificar o corpo, mellorar a postura e traballar a elasticidade a través de exercicios propios do ballet.
Dende xa mesmo podes reservar a túa praza para o curso 2022 – 2023 (inicio o 5 de setembro) en turno de mañá ou de tarde. As prazas son limitadas!
Horarios:
- Martes e xoves de 10:00 a 11:00 h
- Martes e xoves de 19:00 a 20:00 h
Contacta connosco para anotarte e non quedar sen sitio na modalidade fit que che axudará a moldear o corpo coma o dunha bailarina! 😉
Teléfono ou WhatsApp: 647 91 36 94
Correo electrónico: info@temposemenssana.com
Dirección: R/ Fernando III o Santo, Nº 12 (galerías Valle Inclán), Santiago de Compostela.
Vémonos bailando e adestrando!