Xa están aquííí!!! 🎉🎉🎉 As entradas para o festival benéfico de fin de curso xa están á venda na escola.Agardámosvos a todos e todas para pasar unha tarde de danza e ilusión o sábado 17 de xuño no Auditorio de Galicia. 🥰

Tamén contamos con FILA 0 para quen queira facer unha doazón e colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro aínda que non poida asistir ao festival. 💚

Aquí vai toda a info sobre a venda das entradas:

✨As entradas non son numeradas. Podedes sentar onde queirades, salvo nos asentos marcados como reservados. Abriremos portas sobre as 17:15 h para que poidades ir collendo sitio.

✨Non hai límite de compra de entradas por persoa.

✨Os bebés tamén necesitan entrada por cuestións de aforo e seguridade na sala. Se é o caso, o carriño mandarán deixalo na entrada para non ocupar os pasillos e saídas de emerxencia.

✨Non se reservan entradas, por iso vos recomendamos que collades CANTO ANTES as que vaiades necesitar, para evitar problemas de quedar sen elas, xa que se esgotan moi rápido!!!

✨O prezo de cada entrada é de 10 €, e haberá que aboar o importe en efectivo.

✨O propio día do festival haberá un sorteo dunha acuarela con temática de danza de Cris Corral, para o cal contaremos cunha man inocente. O recadado irá tamén para a AECC, xa que a artista doa a súa obra para a causa.