Un ano máis sacamos promo para que vos coidedes por fóra e por dentro de cara ao verán.
Que inclúe a operación verán?
5 clases deportivas polo prezo de 4, previa consulta de dispoñibilidade de prazas nos horarios seleccionados.
– Valoración inicial:
- Pesaxe
- Medición porcentaxe de graxa
- Asesoramento nutricional
- Valoración intermedia e final con adaptacións nutricionais
–Bono de desconto nos tratamentos do centro de estética avanzada Carla Támez.
-Bono de desconto con Fátima Calo, dietista e nutricionista.
No cartel a continuación tes máis información e, se che queda algunha dúbida, podes contactar connosco na escola.
¡Por certo! A promoción tamén aplica para aqueles alumnos e alumnas que xa asistides a 4 clases á semana.
Podedes ampliar unha actividade máis e solicitar cita para a valoración co noso adestrador Pablo; ademais de levar os descontos coas nosas colaboradoras Carla e Fátima.
